SOLICITUDE DE INVITACIÓNS PARA O CTO. GALEGO DE DUATLON 2017

28 de Marzo de 2017

SOLICITUDE DE INVITACIÓNS PARA O CTO. GALEGO DE DUATLON 2017:
As solicitudes de invitación enviaranse á Federación (por correo electrónico: fegatri@hotmail.com).
Prazo para o envío de solicitudes: ata ás 23:59 horas do domingo, 2 de Abril de 2017.
Para a súa solicitude seguirase o indicado no punto 5 do Regulamento para os Circuítos Galegos de Duatlon e Tríatlon e Campionatos Galegos Tempada 2017 (aprobado en Asemblea de 04/11/2016):
5.- Invitacións para o Cpto Galego

As invitacións non alterarán a participación dos equipos. É dicir, se o equipo non tivera tres clasificados ou clasificadas, previamente á final, non lle puntuará ningún invitado ou invitada. No caso de ter previamente 3 clasificados puntuarían coma un ou unha máis.

5.1) As invitacións só serán para deportistas con licenza galega pertencentes a Clubs que tivesen participación na tempada anterior.

5.2) Distribución: As invitacións concederanse a mulleres e homes en función da clasificación no Campionato Galego da tempada anterior feminino e masculino respectivamente.

a) Os tres primeiros clubs masculinos do Cto. Galego da tempada anterior disporán de 3 invitacións masculinas e os tres primeiros femininos disporán de 3 femininas.
b) Do 4º ao 6º disporán de 2 e 2
c) O resto disporán de 1 e 1
d) A Dirección Técnica da FEGATRI disporá de 3 e 3 invitacións, que poderá dar ou non, avaliadas as solicitudes presentadas. As solicitudes deben ser motivadas e presentadas á Federación ao remate dos circuítos.
***Nota aclaratoria: a clasificación do Campionato Galego da tempada anterior refírese exclusivamente á proba do mesmo (non ó circuíto).

No seguinte enlace podedes consultar a lista de clasificados para o Cto. Galego de Duatlon 2017:

Clasificados Cto Galego Duatlon 2017

 

Quizáis che interese…