A galega Aída Valiño logrou a terceira posición na proba do Circuíto Mundial B Dream Tríatlon Promaster, que se celebrou hoxe en Palamós. Ademais no podio estivo acompañada pola súa compañeira de club, Ricarda Lisk, que foi prata, mentres que a checa Radka Vodickova logrou o triunfo. E non podemos esquecer a cuarta posición da tamén galega Melina Alonso, nunha boa xornada para o tríatlon galego.
Ricarda Lisk e Aída Valiño acompañaron a Vodickova durante os dous primeiros segmentos, pero a checa decidiu o triunfo na carreira a pe, onde logrou escaparse en solitario para impoñerse na liña de meta.
CLASIFICACIÓN:
1.- Radka Vodickova (CZE) 2:04.04
2.- Ricarda Lisk (GER) 2:04.54
3.- Aida Valiño (ESP) 2:05.31
4.- Melina Alonso (ESP) 2:07.37
5.- Romian Biagioli (ARG) 2:11.06