Esta fin de semana finaliza a Liga Nacional de Clubs de Tríatlon 2017 co Cidade de Lugo Fluvial como firme candidato a revalidar o título

1 de Setembro de 2017

Esta fin de semana decidirase en Mar de Pulpí que clubs vencen na Liga Nacional de Clubs de Tríatlon 2017. O Cidade de Lugo Fluvial tentará revalidar os títulos do pasado ano (masculino e feminino) e o Arcade Inforhouse e o Tríatlon Ferrol, seguir no podio. O sábado 2 celebrarase o Campionato de España de Tríatlon por relevos/Parellas (quinta xornada da Liga) e o domingo 3 terá lugar o Campionato de España de Tríatlon Supersprint por clubs (sexta e última xornada).

Trala disputa das catro primeiras xornadas, o Cidade de Lugo Fluvial ocupa a primeira posición tanto na categoría feminina como masculina, mentres que o Arcade Inforhouse é segundo clasificado na categoría masculina. O Tríatlon Ferrol é cuarto na feminina.

 

Moita sorte para todos os clubs galegos!

Quizáis che interese…