UXÍO ABUÍN, DÉCIMO NA COPA DO MUNDO DE CAGLIARI

2 de Xuño de 2018

Uxío Abuín logrou entrar no top-ten da  Copa do Mundo de Tríatlon de Cagliari (Italia), nunha proba na que estivo sempre ben colocado. Ademais, hai que destacar que Antonio Serrat non puido saír ao sufrir mentres adestraba un esguince de nocello que o deixou fóra de xogo para esta proba, e en dúbida para a Serie Mundial de Leeds. Na proba feminina, Camila Alonso foi 40ª.

Na proba masculina, Uxío saíu da auga na segunda posición por detrás do francés Raoul Shaw. Durante o ciclismo chegou a formarse un grupo único, aínda que moi estirado polo que volveu a romperse. Así, á segunda transición chegou un grupo de algo máis de vinte unidades, entre os que se atopaba o galego, aínda que no tramo final.

Na carreira a pe, houbo sorpresas xa que romperon a carreira e lograron o podio deportistas que non estaban entre os favoritos. Así logrou o triunfo o italiano Delian Stateff cun tempo de 54:45. Uxío foi décimo clasificado na proba (55:23) e primeiro español.

Na categoría feminina Camila Alonso segue sen atoparse ben trala caída adestrando e rematou na 40ª posición.

A Copa do Mundo de Cagliari celebrouse sobre a distancia sprint, de forma que as e os deportistas fixeron 750 metros de natación, 19  quilómetros de bicicleta e 5 quilómetros de carreira a pe.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.