AÍDA GARCÍA E JACOBO CREGO, GAÑADORES DO II TRÍATLON POPULAR CONCELLO DE RIANXO

4 de Agosto de 2018

Aída García (Tríatlon Rías Baixas) e Jacobo Crego (Olímpico de Vedra) proclamáronse hoxe vencedores da segunda edición do Tríatlon Popular Concello de Rianxo, no que participaron case 150 deportistas nun día de moitísima calor.  

Na categoría feminina comezou mandando na natación a cadete do Motobike e do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, Natalia Castro, pero a veteranía de Aída García, gañadora do pasado ano, foi clave para ir remontando posicións. Aída tivo algúns problemas co cambio na bicicleta pero pouco a pouco foi recuperando o tempo perdido, para finalizar cunha moi boa carreira a pe, na que marchou diferenzas. Así, Aída García foi a gañadora cun tempo de 1:18:12, mentres que Natalia Castro foi segunda (1:23:20) e Elena Miguens (Olímpico de Vedra) ocupou a terceira posición no podio cun tempo de 1:25:59.

Na categoría masculina, Jacobo Crego (Olímpico de Vedra), que partía como un dos favoritos, tivo que remontar posicións despois dunha natación regular, na que saíu na 18ª posición. Pero no segmento de bicicleta, bastante duro e esixente, foi recuperando tempo para poñerse en cabeza na carreira a pe e impoñerse cun tempo final de 1:07:00. A segunda posición foi para Carlos Jiménez (Arena Alicante), nunha proba no que houbo bastantes deportistas de fóra, ao celebrarse a proba no mes de agosto e coincidir cun período vacacional. A terceira posición foi para Roberto Carlos Agrelo (Artrogal-Tri 498) cun tempo de 1:09:40.

Os vencedores noutras categorías foron:

  • Cadete: Natalia Castro (Galaico Motobike Pontevedra) e Alexandre Álvarez (Natación Pabellón Ourense)
  • Júnior: Cristina Torres (Mar de Vigo) e Unai Arroitajauregui (licenza dun día)
  • Sub 23: Adriana Pensado (Arcade Inforhouse) e Carlos Jiménez (Arena Alicante)
  • Veteran@: Aída García (Tríatlon Rías Baixas) e Roberto Carlos Agrelo (Artrogal-Tri 498).

A proba comezou ás 18:00 horas cunha temperatura altísima, en plena onda de calor en Galicia, e disputouse sobre a distancia sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 de carreira a pe). A saída tivo lugar no porto de Rianxo, onde tamén estaba ubicada a zona de transición, mentres que a meta foi na Praza de Castelao.

TRIRRIANXO 2018

Quizáis che interese…