ANTONIO SERRAT, OITAVO NO MUNDIAL SUB 23 DE GOLD COAST

14 de Setembro de 2018

Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo) logrou a oitava posición no Mundial sub 23, que se celebrou esta madrugada en Gold Coast (Australia). O galego foi o mellor español clasificado, tanto na categoría masculina coma feminina.

A clave estivo na natación. Antonio sabía o importante que sería saír no primeiro grupo tralo paso pola primeira transición e se lle escapou por moi pouco. “Na primeira volta da natación non estiven excesivamente ben, polo que na segunda tiven que remontar e saín a cola do primeiro grupo. Sabía que tiña que facer unha primeira volta en bici a morte para alcanzalos, pero non tiven a forza suficiente e ao final se me escaparon”, explicou o triatleta galego. Por diante ía un grupo de uns doce homes, con Tayler Reid ou Samuel Dickinson, entre eles.

Así, finalmente quedou integrado no segundo grupo no que traballou moito para intentar recortar diferenzas, sobre os escapados. Ao final, na T-2 os líderes tiñan un minuto e medio sobre o segundo grupo.

Na carreira a pe esforzouse ao máximo para conseguir recuperar posicións, pero nos últimos catro quilómetros perdeu un pouco de forza e finalmente quedou na oitava posición, cun tempo de 01:45:32. O título foi para o neocelandés Tayler Reid (01:44:08), a prata foi para Samuel Dickinson (01:44:20) e o bronce para o húngaro Bence     Bicsák (01:44:31 ), que remontou dende o segundo grupo.

Na proba feminina tamén tivemos participación galega con Sara Guerrero (Náutico de Narón). Sara non puido rematar a proba, ao ser doblada na última volta do ciclismo. A galega estaba sen forzas dende o inicio, aínda que logrou salvar a natación saíndo no segundo grupo. Pero na bicicleta foise quedando ata ser doblada e ter que abandonar.

No enlace tedes os resultados:

https://www.triathlon.org/results/result/2018_itu_world_triathlon_grand_final_gold_coast/321968

Quizáis che interese…