RESULTADOS DÚATLON ESCOLAR CONCELLO DE CARBALLO

17 de Febreiro de 2019

Hoxe 17 de febreiro comezou o programa de Dúatlon Escolar 2019, coa celebración do Dúatlon Escolar Concello de Carballo, no que participaron máis de 200 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. Esta proba é clasificatoria, xa que os  25 mellores por categoría e sexo logran o pase para a fase provincial.

Nesta proba as distancias son diferentes segundo a categoría. Desta forma, en benxamín as e os participantes fixeron 500 metros,  2 quilómetros en bicicleta e remataron con 250 metros; en alevín as distancias foron de 1 quilómetro (carreira), 4 quilómetros de bici e 500 metros de carreira a pe. En infantil realizaron 1,5 quilómetros de carreira, 6 quilómetros de bicicleta e 750 metros de carreira e, por último, as e os cadetes fixeron 2 quilómetros de carreira a pe, 8 quilómetros de bicicleta e 1 quilómetro de carreira.

Os gañadores nas diferentes categorías foron:

Benxamín feminina: Cristina Martínez (Náutico de Narón)

Benxamín masculina: Mateo Crujeiras (Natación Riveira)

Alevín feminina: Inés Serantes (Natación Cedeira)

Alevín masculina: Damián Suárez (Natación Cedeira)

Infantil feminina: María Filgueira (Tríatlon Ferrol)

Infantil masculina: Brais Picón (Arcade Inforhouse)

Cadete feminina: María del Carmen Jiménez (Tríatlon Ferrol)

Cadete masculina: Andrés Prieto (AD Fogar Carballo e Oleiros)

Nos documentos adxuntos tedes as clasificacións:

INFF

INFM

ALEF

ALEM

BENF

BENM

CADF

CADM

Quizáis che interese…