A Organización do 2019 Pontevedra ITU Multisport World Championships, en coordinación coas autoridades competentes, decidiu facer un pequeno cambio no calendario das súas competicións para convivir xunto ás Eleccións Xerais convocadas para o domingo 28 de abril, data na que se debía celebrar o Mundial de Duathlon Standard e que obrigaba a importantes restricións na mobilidade urbana.
Finalmente este Mundial de Duathlon Standard para a categoría elite e “grupos de idade” adiantase ao sábado 27 de abril a partir das 17 horas, mentras que para os júniors e paratriathlon mantense o domingo 28 pola mañán cun recorrido modificado que non terá prácticamente incidencia na xornada electoral. Desta forma, os participantes élite e os grupos de idade, que tiñan que estar obrigatoriamente o sábado pola tarde para o control de materiais da proba, poderán participar sen cambiar os seus plans de viaxe.
Polo tanto, o sábado 27 de abril mantense todas as probas previstas pola mañá do Mundial Duathlon Sprint (dende as 08:00), e na sesión de tarde celebraranse a maioría de saídas do Duathlon Standard (dende as 17:00).
Esta decisión, a máis favorable para o interese dos deportistas xa inscritos, foi posible grazas a coordinación entre todas as autoridades e o esforzo conxunto liderado polo Concello de Pontevedra, a Federación Española de Triatlón e a ITU (Federación Internacional de Triatlón).
O resto do calendario de competicións non se verá afectado.