RESULTADOS NADA E CORRE LUGO

2 de Marzo de 2019

O programa Nada e Corre 2019 comezou hoxe 2 de marzo coa celebración da proba de Lugo, na que participaron máis de 200 deportistas das categorías prebenxamín, benxamín, alevin, infantil e cadete. Esta proba é clasificatoria para a final galega, que se celebrará en Riveira o 7 de abril.

A proba de natación celebrouse na piscina das Pedreiras, mentres que a carreira a pe tivo lugar nas pistas de atletismo Gregorio Pérez Rivera. As distancias son diferentes dependendo da categoría á que pertenzan as e os deportistas. 

Os gañadores das diferentes categorías foron:

Prebenxamín: Thalia Lobina (Tri-Penta Terras de Lugo) e Asier Pita (Tríatlon Ferrol).

Benxamín: Carla Cortón (Tri-Penta Terras de Lugo) e Leo Sánchez (Zalaeta 100tolos).

Alevín: Inés Serantes (Natación Cedeira Muebles García) e Damián Suárez (Natación Cedeira Muebles García)

Infantil: Lucía Piñón (Tríatlon Ferrol) e Rubén Otero (AD Fogar)

Cadete: Myriam López (Cidade de Lugo Fluvial) e Alexandre Álvarez (Cidade de Lugo Fluvial)

No documento adxunto tedes os resultados

RESULTADOS NADACORRE LUGO

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.