O Deporte Galego di NON á violencia de xénero.

22 de Marzo de 2019

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, acolleu o acto de sinatura do acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral de Igualdade da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Secretaría Xeral para o Deporte, para desenvolver medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Á asinatura do acordo asistiron, Xosé Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Alfonso Rueda, vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e representantes de todas as federacións galegas. Por parte da Federación Galega de Tríatlon e Pentatlón moderno acudiu o presidente, Gonzalo Triunfo Delgado.

Despois do acto o Presidente puido compartir impresións cos triatletas becados no CGTD acompañados do seu adestrador Jonathan Cancela.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.