REPRESENTACIÓN GALEGA NA COPA DE EUROPA E CAMPIONATO IBEROAMERICANO DE TRIATLON

22 de Marzo de 2019

O próximo domingo 24 de marzo, Huelva acollerá a Copa de Europa e o campionato iberoamericano de Tríatlon. A competición, disputarase sobre distancia olímpica. O segmento de natación levarase a cabo en Punta Umbría, o circuito de ciclismo unirá a localidade onubense coa cidade de Huelva, para rematar a carreira a pé recorrerá o centro histórico de Huelva.

Triatletas chegados de trinta e cinco países europeos e sudamericanos, daranse cita en Huelva. Nove serán os triatletas galegos que se despracen ata Huelva donde intentarán sumar os puntos necesarios para poder participar no Campionato de Europa e na Copa do Mundo de Madrid. Camila Alonso, Sara Guerrero, Joselyn Brea, Iría Rodríguez, Edymar Brea e Inés Castaño en categoría feminina. Iago Lorenzo, Andrés Cendán e Martín Carrera en categoría masculina.

Como non só de triatletas vive o tríatlon, sen a labor dos xueces sería imposible a práctica deste deporte. Teremos por parte do comité galego de xuices e oficiais a Mónica Flores.

Podes consultar toda a información desta carreira no seguinte enlace; ETU Huelva

Quizáis che interese…