PONTEVEDRA É MUNDIAL

26 de Marzo de 2019

Comeza a conta atrás para o inicio do Mundial Multideporte de Pontevedra!

Xa sólo queda un mes para a cita que encherá a cidade do Lérez de deportistas chegados de todo o mundo, para competir nos cinco campionatos do mundo que se disputarán. Duatlón, Acuatlón, Tríatlon Cross, Aquabike e Longa Distancia serán as probas encargadas de facer de Pontevedra a capital mundial do Multideporte.
Datos de auténtico récord fan desta proba unha ocasión única para achegarse a disfrutar dun evento de tal magnitude, no que se darán cita os mellores deportistas de cada disciplina, chegados dende os cinco continentes. Neste mundial arredor de oitocentos deportistas españois tomarán parte na proba, rachando o récord de participación española nunha proba internacional.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.