O CAMPIONATO GALEGO DE TRÍATLON OLÍMPICO CON DRAFTING CHEGA A CASTRELO DE MIÑO.

4 de Xullo de 2019

O próximo domingo día 7 de xullo poñerase en xogo na localidade ourensá de Castrelo de Miño os títulos de campión e campiona galego de Tríatlon en Distancia Olímpica.

O emblemático entorno do Club Náutico de Castrelo de Miño, será o epicentro dunha proba que contará con máis de 160 triatletas chegados dende toda a xeografía galega. Os deportistas deberán afrontar 1500 metros de natación nas augas do Río Miño, 40 km de ciclismo nos que poderán circular en pelotón e para rematar correrán 10 km.

O tríatlon de Castrelo de Miño recuperado o ano pasado era unha proba mítica no calendario galego nos anos 90. Como curiosidade na edición do ano 1996 venciu Iván Raña. Conseguindo a que sería a súa primeira victoria en categoría elite.

A presentación da proba tivo lugar no mesmo Club Náutico de Castrelo e contou ca presenza por parte da Fegatri do seu delegado para a provincia de Ourense, José Manuel Fernández. Por parte do Club de Corredores do Miño que corre ao cargo da organización do evento, o seu presidente, Marcos Blanco. En representación do Concello de Castrelo de Miño estivo presente o alcalde, Esteban Suárez. Representando á Secretaría Xeral para o Deporte da xunta de Galicia, Manuel Pérez González, coordinador de deportes para Ourense.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.