ANTONIO SERRAT E JAVIER GÓMEZ NOYA A POLAS SERIES MUNDIAIS DE HAMBURGO.

5 de Xullo de 2019

Se a semana pasada os nosos dous triatletas internacionais, Javier Gómez e Antonio Serrat estaban nas series mundiais de Montreal. As World Triatlon Series non descansan e esta fin de semana é a cidade de Hamburgo a que acolle unha cita máis da máxima competición a nivel mundial en triatlon de curta distancia.

Os nosos triatletas chegan despois de firmar unha boa actuación na cita canadiense da semana pasada. Xa que o Antonio Serrat foi décimo quinto, estando en algúns momentos da proba nos postos dianteiros. Pola outra parte Javier Gómez acadou a novena praza, conseguindo uns puntos moi valiosos que o colocan na loita polo mundial.

A proba alemana disputarase en distancia sprint e contará co regreso do francés e líder das WTS Vicent Luis. As previsións meteorolóxicas apuntan a que a carreira se disputara sobre mollado polo que poida que nos espere un gran espectáculo.

A competición poderase seguir en directo en triathlonlive ás 16:30 hora española do sábado día 6.

Quizáis che interese…