SADA ACOLLERÁ O CAMPIONATO GALEGO XUNTA DE GALICIA DE DÚATLON CROS 2020

15 de Febreiro de 2020

O 1 de marzo é a data elexida para a celebración do Campionato Galego Xunta de Galicia de Dúatlon Cros, a segunda edición do Dúatlon Cros de Meirás-Sada é a cita elexida para coroar aos mellores duatletas cros galegos. A proba foi presentada no día de hoxe.

Álberto Morlán; director de carreira comentou as características do circuito, que destaca pola súa rapidez e a variedade de paisaxes así como a ubicación próxima ao icónico Pazo de Meirás. Tamén agradeciu a implicación do Concello e os distintos patrocinadores para poder levar a cabo esta carreira.

Fernando Míguez; presidente do Club Atletismo Sada, fixo un agradecemento á Fegatri por designar a Sada como sede do Campionato Galego e ao Concello polas facilidades para poder sacar a proba adiante.

Diego Dans; representante do Club Ciclista Sada e coorganizador da proba, mostrou a total implicación da entidade que representa co Dúatlon Cros de Meirás-Sada. Agradeciulle á Fegatri e a todos os estamentos e colaboradores implicados na organización.

María Nogareda; concelleira de deportes do Concello de Sada respondiu aos agradecementos previos e transmitiu a importancia dos traballos dos clubes organizadores deste Campionato Galego Xunta de Galicia.

Marta Barbeito; responsable área Tríatlon e Muller, resaltou o bo facer dos organizadores que se ve reflexado no aumento do número de participantes nas diferentes probas que compoñen o calendario galego, aumentando tamén cuantitativamente o número de participantes femeninas.

Gonzalo Triunfo; presidente da Fegatri fixo un agradecemento aos organizadores, ao Concello e colaboradores. Comentou que a proba de Sada reunia todos os elementos que a Federación busca dentro do Circuito Galego de Dúatlon Cros. O máximo responsable do tríatlon galego fixo referencia á aposta da Fegatri este ano por revitalizar unha disciplina como é o Dúatlon Cros dandolle máis peso no calendario galego e a creación do seu propio circuito.

Benito Portela; alcalde de Sada, felicitou o bo facer dos clubes locais e o importante papel que teñen dentro do Concello. Fixo un agradecemento á Federación por escoller por segundo ano consecutivo a Sada como sede do Campionato Galego Xunta de Galicia da especialidade. Por outra banda resaltou os valores que transmite á sociedade o deporte.

O II Dúatlon Cros de Meirás-Sada forma parte xunto ao Dúatlon Cros de Reis e o Dúatlon das Letras do Trofeo de inverno-primavera de Dúatlon Cros da Fegatri.

Quizáis che interese…