PORTUGAL GAÑA O VII TRÍATLON DA AMIZADE

22 de Setembro de 2013

Alexandre Rodríguez (Tríatlon Morrazo) e Rita María Lopes (Amiciclo) proclamáronse hoxe campións a nivel individual do VII Tríatlon da Amizade, que se celebrou entre Galicia e Portugal, este ano con final en Goián (Tomiño). O Trofeo da Amizade, despois de catro anos para Galicia, foi a parar a máns de Portugal, polo que este ano permanecerá exposto na Cámara de Vilanova de Cerveira.

Na proba masculina, como sucederá nos anos anteriores, houbo triunfo galego. Alexandre Rodríguez logrou o triunfo no Tríatlon da Amizade, cun tempo de 1:18:09, por diante de Fabián Ubeira (Motobike) a 29 segundos de distancia. A terceira posición foi para o portugués Joao Oliveira (Clube dos Galitos) cun tempo de 1:19:04.

Foi na categoría feminina onde se decidiu o triunfo a favor dos lusos. A primeira clasificada foi Rita María Lopez (Amiciclo) por diante da galega María Martínez (Atletismo Porriño), mentres que o terceiro caixón do podio foi para Carolina Silva (Aso. Académica San Mamede).

Na categoría de veterán os triunfos foron para Joao Ferreira (MacDonals Tribraga) e Belén Lemat (Wild Wolf Cidade de Lugo), mentres que os gañadores xúnior foron Rita María Lopes e Joao Oliveira.

Un ano máis aumentou a participación neste tríatlon, que xa vai pola sétima edición e hoxe ambos municipios manifestaron ás respectivas federacións a súa intención de seguir apostando por este tríatlon que aumenta os lazos de amizade entre ambos países, a pesar dos problemas xurdidos na edición do presente ano.

O Trofeo da Amizade se decide coa suma dos resultados dos dous mellores homes clasificados e da mellor muller, e esta oportunidade o trofeo foi para Portugal e para a cámara de Vilanova de Cerveira.

Campionato Galego de Tríatlon Cross. Conxuntamente celebrouse o Campionato Galego de Tríatlon Cross, polo que os campións galegos desta especialidade son Alexandre Rodríguez Paz (Tríatlon Morrazo) e María Martínez (Atletismo Porriño).

Na categoría feminina, o triunfo foi para María Martínez, mentres que na segunda posición chegou Marina González (Arcade Inforhouse) e terceira foi Sandra Sobreira (Atletismo Porriño). Na masculina, o podio estaba formado por Alexandre Rodríguez (ouro), Fabián Ubeira (prata) e Juan Francisco Fernández Moldes, do Monte Abaixo (bronce).

Noutras categorías os vencedores foron:

ü  Xúnior: Manuel Abreu (Mar de Vigo) e Leticia Baña (Tríatlon Ferrol).

ü  Veteráns: José Ramón Jacome (Monte Abaixo) e Belén Lemat (Wild Wolf Cidade de Lugo).

 

Quizáis che interese…