TRÍATLON FERROL, CAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIATLÓN DE RELEVOS FEMININOS

21 de Setembro de 2013

Tríatlon Ferrol repetiu triunfo por segundo ano consecutivo no  Campionato de España de Tríatlon de Relevos, na categoría feminina. O club galego volveu hoxe a ser o mellor por diante do Diablillos de Rivas, nun campionato celebrado en Elche.

A especialidade de relevos é unha competición de clubs, no que están representados por equipos de tres triatletas que terán que facer cadanseu mini-tríatlon (300 metros de natación, 8 quilómetros de bicicleta e 2 quilómetros de carreira a pe) e se suman os tempos dos tres deportistas. O equipo do Tríatlon Ferrol estaba formado por Melina Alonso, Laura Gómez (que entrou en substitución de Miriam Casillas, lesionada) e Tamara Gómez.

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.