O duatlón foi seguro en Soria

sonia bejarano

28 de Outubro de 2020

Un fin de semana con varias probas na localidade de Soria, baixo severas medidas de seguridade e co formato contrarreloxo en todas elas.

Mención especial para Sonia Bejarano do Cidade de Lugo Fluvial, proclamándose Campiona de España de Duatlón 2020.

sonia bejarano

O Tri-Pentas Terras de Lugo acodou a terceira posición por equipos na categoría feminina, conseguindo o maillot Loterías ó millor parcial de carreira a pe no primeiro segmento de carreira por Joselyn Brea.

Na categoría masculina o Cidade de Lugo Fluvial acadou a terceira posición do podio, por detrás do Diablillos de Rivas e Saltoki Trikideak.

Na categoría junior feminina, Natalia Castro do Náutico de Narón conseguíu a terceira posición, acadando a victoria por equipos.

natalia castro

Na categoría junior masculina, Manu Menéndez do Cidade de Lugo Fluvial proclamouse campión junior.

manu menendez

O domingo foi o turno da Media Distancia.

Podes consultar as clasificacións na páxina da Federación Española de Triatlón.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.