Acordos da Comisión Delegada de 23 de Outubro

28 de Outubro de 2020

A Comisión Delegada da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, reunida o 23 de outubro de 2020 por medios telemáticos  tomou os seguintes acordos:

1.- Competición 2020

– O Concello de Cerdedo-Cotobade en colaboración co Triatlón Rias Baixas confirma a celebración no calendario oficial da FEGATRI do Dúatlon Cros Cerdedo-Cotobade o próximo 6/12/2020. Acórdase aprobar a calendarización e incluílo no circuíto de Dúatlon Cros 2020.

 -Acórdase que o Dúatlon Cidade de Santiago, que conta a data de hoxe co visto bo do Concello para a súa celebración o 22 de novembro,  sexa o campionato galego de Dúatlon de Estrada, disputándose o mesmo nas condicións establecidas polo protocolo COVID da FEGATRI, certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte.

– Acórdanse as seguintes modificacións nas normativas aprobadas que rexeran o mesmo de forma complementaria atendendo ás peticións dos clubs, realizadas na útlima xuntanza con eles.

  • Disputaranse dúas carreiras separadas, unha masculina e outra feminina. Limitadas cada unha a 100 participantes.
  • A inscrición nas probas distribuirase do seguinte xeito, so para federados/as e priorizando aos federados/as con licenza galega ou de clubs galegos que aboaran Dereitos de circuíto.
  • As prazas na proba masculina outorgaranse segundo o establecido a continuación:
  1. Invitacións establecidas regulamentariamente segundo a clasificación dos clubs no campionato Galego de Duatlon de Estrada 2019 .
CAMPIONATO GALEGO DE DUATLON MASCULINO INVITACIÓNS POR CLASIFICACIÓN 2019
T. ARCADE INFORHOUSE 3
CIDADE DE LUGO FLUVIAL 3
T. COSTA DA MORTE 3
T. MOTOBIKE-POIO-GALAICO 2
OLIMPICO DE VEDRA 2
TRIPENTA  TERRAS DE LUGO 2
T. COMPOSTELA 1
CC MUROS 1
T. FERROL 1
T. VILAGARCIA 1
   
TOTAL INVITACIÓNS 19
TOTAL PRAZAS A REPARTIR 81
  1. 30 primeiros clasificados da saída B “Rápida” da proba de Circuíto celebrada “I Dúatlon Concello de Moraña” segundo estaba establecido regulamentariamente
  2. 1 invitación para cada club ou independente que tivese aboado o circuíto 2020
  3. O resto de prazas cubriranse por orde de inscrición. Abrirase un período para esta  inscrición ata o venres da semana anterior á proba. No caso de que non se cubran as prazas, estas abriranse o luns seguinte e serán completadas por orde de inscrición na plataforma.

Deportistas que non teñan licenza galega deberán enviar solicitude de invitación e o mércores previo á proba comunicaráselles si se lles concede en caso de que quedaran prazas.

  • A entidade organizadora poderá celebrar outra proba federada de ata 100 participantes, a inscrición será aberta para deportistas con licenza de tempada.

 

2.-  Elaboración calendario provisional 2021 coas probas presentadas (Pendente de aprobación Asemblea Xeral)

    • Infórmase das probas presentadas. O Tríatlon Ferrol e o Naútico de Narón presentaron as probas para o mesmo día, 7/8/2021. Valoradas as opcións polos presidentes do clubs, acórdase polo momento, e deixando pendiente a posible modificación a outra fin de semana con condicións viables de marea,  presentar a proposta en días consecutivos, para o 7 e 8 de agosto.
    • Pendientes dar normativas e/ou modificacións regulamentarias da próxima Asemblea Xeral, polo momento deixanse as probas segundo as presentaron os organizadores a cpto galego,circuíto ou popular. Tendo en conta que no caso do Dúatlon de Lugo previsto para novembro podería ser de circuíto ou aberta e o mesmo ocorrería con A Pobra do Caramiñal en Tríatlon. A este respecto acórdase falar coa organización de Pontevedra para ver se organizarían igualmente proba de circuíto co fin de ter máis probas e por data ver a posibilidade de organización do Cpto Galego de Tríatlon e Paratríatlon en A Pobra. Tamén se acorda propoñer un ano máis ao Desafío Islas Cies como Cpto Galego de Media Distancia.
DATA 1 Evento Especialidade TIPO DE PROBA  LOCALIDADE
07/03/2021 I Dúatlon Concello de Moraña DUATLON ESTRADA CIRCUÍTO DÚATLON Moraña
20/03/2021 XIX Dúatlon Cidade de Santiago  DUATLON ESTRADA CIRCUÍTO DÚATLON Santiago
10/04/2021 V Dúatlon “Eleuterio Balayo” Concello de Muros DUATLON ESTRADA POPULAR Muros
18/04/2021 III Dúatlon Movéndonos por Poio DUATLON ESTRADA CIRCUÍTO DÚATLON Poio
01/05/2021 Dúatlon Concello de Noia DUATLON ESTRADA CAMPIONATO GALEGO Noia
08/05/2021 Half Triathlon Ribadeo TRIATLON MEDIA DISTANCIA ABERTA Ribadeo
09/05/2021 XI Triatlón Concello de Vilagarcia TRIATLON EQUIPOS CAMPIONATO GALEGO CONTRA O RELOXO Vilagarcía
17/05/2021 II Dúatlon das Letras de Baio DUATLON CROS CIRCUITO Baio 
22/05/2021 Duatlon de Menores de Marín DUATLON DE MENORES CAMPIONATO GALEGO Marín
06/06/2021 VI  Tríatlon Atlántico Baiona  TRÍATLON ESTÁNDAR- Sen Drafting CAMPIONATO GALEGO Baiona
12/06/2021 III Mar de Muros Tríatlon-Trofeo Iván Raña TRIATLON ESTRADA POPULAR Muros
26/06/2021 Triatlón de Menores de Marín DUATLON DE MENORES CIRCUITO Marín
26/06/2021 X Tríatlon Concello de Poio TRIATLON ESTRADA CIRCUITO Poio
27/06/2021 VII Northwest Triman TRIATLON DE LONGA E MEDIA DISTANCIA CPTO GALEGO DE LONGA DISTANCIA As Pontes
11/07/2021 XXXII Triatlón do Miño TRIATLON ESTRADA CIRCUÍTO Lugo
07/08/2021 IV Trishark Narón TRIATLON ESTRADA POPULAR Narón
08/08/2021 XX Tríatlon Cidade De Ferrol TRIATLON ESTRADA CIRCUÍTO  Ferrol
21/08/2021 XX Tríatlon Cidade de Pontevedra TRIATLON ESTRADA ***CAMPIONATO GALEGO TRÍATLON E PARATRÍATLON SPRINT Pontevedra
28/08/2021 IV Acuatlón Concello de Poio ACUATLÓN CAMPIONATO GALEGO Poio
05/09/2021 Triatlón Boamorte Bikes-Sanxenxo TRIATLON ESTÁNDAR-Sen Drafting CIRCUÍTO Sanxenxo
12/09/2021 Gran Premio Triatlón Pobra do Caramiñal TRIATLON ESTRADA POPULAR A Pobra do Caramiñal
19/09/2021 VIII Triatlón Desafío Islas Cies TRIATLON MEDIA DISTANCIA CPTO GALEGO Nigrán
16/10/2021 Duatlon Ocean Lava Galicia DUATLON CONTRARRELOXO POR EQUIPOS CAMPIONATO GALEGO EQUIPOS CONTRA O RELOXO Vedra
17/10/2021 XIII Dúatlon Cros Concello de Poio DUATLON CROS CIRCUITO Poio
14/11/2021 XXX Dúatlon Cidade de Lugo- Memorial Alejandro López DUATLON ESTRADA CIRCUÍTO  Lugo
xullo Triatlon Menores de Ferrol TRIATLON MENORES CAMPIONATO GALEGO Ferrol
         
         
         
MODIFICACIÓNS CALENDARIO PROBAS 2020 APROBADO EN COMISIÓN DELEGADA 23/10/2020  
DATA 1 Evento Especialidade TIPO DE PROBA  LOCALIDADE
21/11/2020 XVIII Dúatlon Cidade de Santiago  DUATLON ESTRADA CAMPIONATO GALEGO 2020 Santiago
06/12/2020 Dúatlon Cros de Cerdedo-Cotobade DUATLON CROS CIRCUITO DUATLON CROS Cerdedo-Cotobade
  •  

 

Quizáis che interese…