Aroa Freije e Raúl Blanco volveron a amosar o altísimo nivel do péntatlon galego no control de tempos que se realizou o pasado día 20 de decembro no Centro de Alto Rendemento de Barcelona. Aroa logrou o mellor tempo non so na categoría cadete (comeza agora a súa segunda tempada), senón tamén na xuvenil, mentrs que Raul foi o mellor da súa categoría (xuvenil).
Neste control realizaronse test de esgrima, natación e combinada, e os deportistas galegos renderon a un gran nivel. Aroa Freije, con 3.444 puntos, segue dando pasos importantes cara a lograr a clasificación para os Xogos da Xuventude, que se celebrarán no 2014. Agora mesmo é a principal favorita para lograr a clasificación. Hai que recordar que no 2013 Aroa logrou o título de campión de España cadete e o bronce no Europeo cadete.
Pola súa parte, Raúl Blanco, que foi o mellor da súa categoría con 4.304 puntos, tamén ten opcións, pero terá que loitar cos cataláns Lluis Shivel e Joan Gispert, xa que os tres están moi cerca entre si. Raúl Blanco foi o pasado ano subcampión de España xuvenil.