A Fegatri a través da técnica da área de Muller e Deporte participa no programa Lideresas Amazonas e organiza quedadas en Oleiros e Lugo
O obxectivo deste programa é impulsar o desenvolvemento a muller no tríatlon dende unha perspectiva global e saudable, combinado deporte e benestar a través de actividades propias e complementarias. compartindo adestramento e experiencias deportivas.
SESIÓN DE NATACIÓN EN PISCINA- CLAVES PARA UNHA NATACIÓN EFICAZ”
Vémonos na piscina de Caranza Complexo Deportivo Javier Gómez Noya para realizar unha sesión completa en piscina, pensada para que cada unha poida mellorar a súa técnica de nado. Será una actividade práctica, dinámica e adaptada a todos os niveis.
Ademáis, tenremos a posibilidade de realizar unha masaxe deportiva ou relaxante ao remate.
Xornada apta para todos os niveis sen necesidade de estar federada. O programa tramita a través da inscrición un seguro de 1 día para a actividade.
Máis información e inscricións : www.lideresasamazonas.org
FERROL: 4 de xuño de 2026 ás 20:00
- Punto de encontro Complexo Deportivo Javier Gómez Noya
- https://lideresasamazonas.org/quedadas/
#fetrilideresas
#amazonaslideresas



