O SÁBADO 1 DE FEBREIRO CELEBRARASE UNHA TOMA DE TEMPOS NO CGTD

30 de Xaneiro de 2014

 Máis de sesenta deportistas das categorías cadete, júnior e algún infantil (ademais da paratriatleta Susana Rodríguez) participarán o sábado 1 de febreiro na toma de tempos que a Federación Galega de Tríatlon realizará no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. Esta proba está incluída no calendario de Tecnificación, que se está realizar en colaboración coa Federación Española de Tríatlon.

A proba comezará ás 9:45 horas e desenvolverase en sesións de mañá e tarde. As distancias, tanto para cadete como para júnior, son de 100 e 1.000 metros en natación e de 400 e 1.000 metros en carreira a pe. Por último, para os paratriatletas as distancias serán de 500 (natación) e 1.000 (carreira). En total participarán 62 deportistas pertencentes a 11 clubs.

As probas serán dirixidas por Alba Cuba (técnica) e Mónica Flores (xuíza) e a participación nestas tomas de tempos é imprescindible para poder ser incluídos no Plan Nacional de Tecnificación Deportiva da Fetri.

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.