MARÍA ORTEGA E NAN OLIVERAS, GAÑADORES DA PRIMEIRA PROBA DO CIRCUÍTO GALEGO DE DUATLÓN DE ESTRADA NO CARBALLIÑO

2 de Febreiro de 2014

María Ortega e Nan Oliveras, ambos do Tri-Penta Terras de Lugo, proclamáronse hoxe gañadores do Aviamandu Concello de O Carballiño, primeira proba do Circuíto Galego de Duatlón de Estrada 2014 con 120 participantes. Hai que destacar os magníficos resultados acadados polos deportistas do Tri-Penta Terras de Lugo, club creado no mes de decembro, e que conta xa con grandes triatletas nas súas filas.

Na categoría feminina houbo unha interesante loita entre as participantes sobre todo no primeiro segmento, xa que na bicicleta María Ortega (Terras de Lugo) e Verónica Montes (Trinity Tríatlon) lograron deixar atrás ao grupo para decidirse todo na carreira a pe. Finalmente, Marina impuxo o seu mellor final (1:14:23) e logrou entrar en meta con 30 segundos de vantaxe sobre a segunda clasificada, Verónica Montes. En terceira posición, Marina González (Terras de Lugo), a catro minutos. Na categoría de clubs feminino, o gañador foi o Terras de Lugo.

A proba masculina cumpriu co esperado e os favoritos non decepcionaron, sendo os protagonistas case dende o inicio. Romperon a carreira no primeiro sector e o trío formado por Gustavo Rodríguez (Wild Wolf Cidade de Lugo), Nan Oliveras (Terras de Lugo) e Ricardo Hernández (Terras de Lugo) logrou abrir un importante oco con respecto ao grupo principal.

Na bicicleta, Gustavo Rodríguez fixo todo o traballo, marcando o ritmo mentres que os deportistas do Terras de Lugo ían a roda, pero non foi capaz de deixalos atrás, e no último segmento, Oliveras e Hernández foron más fortes que o galego. Así, Nan Olivera logrou a primeira posición cun tempo de 1:02:34, seguido por Ricardo Hernández (a 24 segundos) e o bronce foi para Gustavo Rodríguez (a 28 segundos). Na clasificación de clubs masculinos, triunfo para Terras de Lugo.

No resto das clasificacións, os gañadores foron:

ü  Cadete: Carlos Brión (Natación Riveira)

ü  Júnior: Irene Serrat (Terras de Lugo) e Óscar Justo Villanueva (Galaico Pontevedra).

ü  Sub 23: Iris Soto Blanco (Galaico Pontevedra) e Nan Oliveras (Terras de Lugo).

ü  Veteranos: Elpidio Gómez (Axa Beariz) e Belén Lemat (Wild Wolf Cidade de Lugo).

Hai que destacar a boa organización da proba e o magnífico traballo do Club Beariz Tríatlon, que tivo que organizar todo nun tempo récord trala suspensión da proba prevista no Grove. A Federación Galega de Tríatlon quere agradecer o gran traballo desenvolvido polo persoal do club de Beariz e do Concello do Carballiño.

O Circuíto Galego de Duatlón de Estrada está formado por catro probas. A primeira é a de O Carballiño; a segunda terá lugar o 1 de marzo en Guitiriz; a terceira é o Duatlón Concello de Lugo (9 de marzo) e finalizará coa proba de Vedra, que se celebrará o día 15 de marzo. Todas son clasificatorias para o Campionato Galego (logran praza os 22 primeiros clasificados), que terá lugar en Santiago a finais de marzo.

Quizáis che interese…