O galego Cristóbal Rodríguez Fidalgo ocupa a cuarta posición despois da primeira xornada da Copa do Mundo de Pentatlón Moderno de Budapest, coa que deu comezo a tempada 2014. Espectacular resultado para o deportista galego, que enfrontaba a proba despois dunha periostitis nun pe, que o tivo sen adestrar durante dez días.
Na primeira posición atópase Robert Kasza (Hungría) con 631 puntos, mentres que Cristóbal (cuarto clasificado) logrou 618. Agora queda por diante a segunda xornada, na que o pentatleta tentará repetir a magnífica actuación do primeiro día. O outro español, Aleix Heredia, estivo moi discreto e non logrou clasificarse para a final de mañá. Pola súa banda, Marta García logrou clasificarse ao rematar o primeiro día na oitava posición.