II Trofeo Internacional de Péntatlon Moderno Cidade de Lugo

21 de Febreiro de 2014

O próximo domingo, 2 de Marzo de 2014, celebrase en Lugo o II TROFEO INTERNACIONAL DE PÉNTATLON MODERNO CIDADE DE LUGO proba Clasificatoria para o Campionato de España de Idades. Participarán pentatletas de Asturias, Cantabria, País Vasco e Portugal.

A proba de natación será na Piscina Municipal de Frigsa e comezará ás 10:00 horas.

A combinada (carreira e tiro) e a esgrima disputaranse no Pazo Provincial (As Pedreiras).
Todos os/as participantes competirán en natación e combinada (carreira e tiro). As categorías Cadete, Xuvenil e Junior farán ademáis esgrima.

A organización corre a cargo da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno e do Club A.D. Tri-Penta Terras de Lugo.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.