MARINA GONZÁLEZ, DÉCIMO TERCEIRA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE DUATLÓN LONGA DISTANCIA

23 de Febreiro de 2014

Marina González (Tri-Penta Terras de Lugo) finalizou na 13ª posición no Campionato de España de Duatlón Longa Distancia, que se celebrou hoxe en Orihuela (Alacante). Pola súa banda, hai que destacar o triunfo de Jorge de la Puente (Tri-Penta Terras de Lugo) no seu grupo de idade (45-49) e rematou na posición 23 da xeral.

En Orihuela participaron tres representantes do club galego Tri-Penta Terras de Lugo con sorte desigual. Mentres que Jorge de la Puente, que participaba en grupos de idade, logrou o triunfo facendo unha magnífica proba e incluso quedando nun posto moi digno na xeral (23), Marina González estivo un pouco máis discreta do esperado, xa que confiaba en poder loitar polo podio. Finalmente tivo que conformarse cun 13º posto, despois dunha proba moi regular, na que sempre estivo situada nesas posicións. Por último, sinalar que Noelia Mora quedou finalmente descualificada, ao superar o tempo de corte establecido. A deportista sufrira unha caída hai un par de semanas e acudiu ao campionato de España sen adestrar nos últimos quince días. Esta inactividade apreciouse no seu rendemento, pero Noelia non quixo abandonar e logrou chegar a meta, aínda que finalmente fora descualificada polos xuíces. Anna Rovira (Team Calella) proclamouse campioa de España en Orihuela.

As distancias neste campionato de longa distancia foron de 16,4 quilómetros de carreira a pe, 66 quilómetros de bicicleta e finalizaron con 8,2 quilómetros de carreira a pe.

Clasificacións:

Clasificacións Elite Feminina

Clasificacións Grupos de Idade Masculinos

Quizáis che interese…