Natalia Hidalgo e Gustavo Santiago gañan en Lugo

podio duatlon de lugo natalia hidalgo e gustavo santiago

14 de Marzo de 2022

Natalia Hidalgo, do Cidade de Lugo Fluvial, e Gustavo Santiago, do Tríatlon Poio, impuxéronse no Dúatlon Cidade de Lugo, que celebrou este domingo o súa trixésimo primeira edición.

A contorna do Pazo de Feiras e Congresos foi o escenario desta competición na que participaron máis de douscentos deportistas dos diferentes clubes galegos.

A duatleta do Cidade de Lugo Fluvial Natalia Hidalgo, parou o cronómetro en 1h1014, con máis de dous minutos respecto a Anais Rivas do Tríatlon Rías Baixas (1h12) e María da Barca do Cidade de Lugo Fluvial (1h1256).

Na proba masculina, o duatleta do Tríatlon Poio Gustavo Santiago cruzou a meta en 1h0024, con preto dun minuto de renda respecto a Facundo Medard do Tríatlon Arteixo (1 h01:11). Terceiro concluíu Luís Martínez Louzao, duatleta do Tríatlon Rías Baixas (1h0143).

Na categoría de clubes o Cidade de Lugo Fluvial proclamouse gañador da proba feminina e o Tríatlon Poio acadou a victoria na proba masculina.

Podes consultar todas as clasificacións provisionais en CLASIFICACIONS DUATLON DE LUGO

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.