Lucas García, subcampión de España xuvenil de Dúatlon Supersprint

5 de Abril de 2023

Lucas García do Cidade De Lugo Fluvial logrou o 2º posto no Campionato de España xuvenil de Dúatlon Supersprint celebrado en Alcobendas o pasado sábado, 1 de abril.
García realizou unha excelente actuación nos tres segmentos, pelexando polas primeiras posicións dende o inicio da proba.
A poucos segundos do podio, en 4ª posición, chegou Damián Suárez do C. Natación Cedeira Muebles García. Lucas Riola, tamén de Cedeira, logrou un gran 8º posto.

11- Anxo Bello (A.D. Fogar)
15- Juan Piñón(C. Natación Cedeira Muebles García)
21- Hugo Souto (A.D. Fogar)
44- Adrián Sancho (A.D. Fogar)

Por clubes, o primeiro posto foi para o C. Natación Cedeira Muebles García cos 3 deportistas dentro do top 15 na proba individual. O equipo formouno Damián Suárez, Lucas Riola e Juan Piñón.
Gran resultado tamén para o A.D. Fogar cun 5º posto grazas ao esforzo de Anxo Bello, Hugo Souto e Adrian Sancho.

8- Cidade De Lugo Fluvial (Lucas García, Guilherme Silva e Álvaro Gómez)
21- A.D. Náutico de Narón (Adrián Cerro, Diego Jove e Álvaro González)
30- Tríatlon Inforhouse Santiago (Nicolás Losada, Xoel Blanco e Marco Mota)
33- Club Tríatlon Compostela (Lucas Ribó, Daniel Vieito, Arturo Piñeiro)
39- Club Olímpico de Vedra (Hugo José Cea, Brais Otero, Alexandre Pomar)

Na categoría xuvenil feminina, as galegas loitaron polas posición dianteiras e finalmente Marta Novo logrou un gran 5ª posto. No top 10 tamén chegou Lucía Piñón (A.D. Náutico de Narón) na 7ª posición e Candela Sánchez (A.D. Náutico de Narón) que foi 9ª.

13- Irea Adriana Alen (C. Natacion Cedeira Muebles García)
21- Paula Castro (Cidade de Lugo Fluvial)
23- Ainara Pita (Triatlon Ferrol)
29- Inés Gómez (Cidade de Lugo Fluvial)
31- Lara Solsona (Club Hércules Termaria)

Por clubes, a primeira posición foi para o Cidade de Lugo Fluvial con Cassilda Maria Duarte, Marta Novo e Catarina Felicio, seguido da A.D. Náutico de Narón con Lucía Piñón, Candela Sánchez e Daniela Sierra que ocupou o segundo caixón do podio.

8- C. Natación Cedeira Muebles García (Irea Alen, Andrea Díaz, Irene Freire)
16- Tríatlon Inforhouse Santiago (Noelia Rey, María Fernández, Carolina Díaz)

Parabéns!

Imaxe: FETRI

Quizáis che interese…