Jarno Pousada e Ainoa Gontán, podio no Campionato de España Júnior de Dúatlon Supersprint

5 de Abril de 2023

Jarno Pousada do Cidade de Lugo Fluvial, proclamouse o pasado sábado en Alcobendas subcampión de España Júnior de Dúatlon Supersprint. Unha mostra máis do seu nivel esta tempada que viuse recompensado cunha prata no campionato nacional.

Gran resultado tamén para Carlos Bautista do A.D. Náutico de Narón logrando a 9ª posición e Brais Picón do Tríatlon Inforhouse Santiago, chegando no top 10.

22- Gonzalo Cao (Tríatlon Inforhouse Santiago)
24- Diego Tomé (Cidade de Lugo Fluvial)

Por clubes, primeiro posto para o  Cidade de Lugo Fluvial con Pedro Goncalo, Jarno Pousada e Salvador Martínez; 4º posto para o Tríatlon Inforhouse Santiago con Gabriel Moreira, Brais Picón e Gonzalo Cao; e 5º posto para o A.D. Náutico de Narón con Carlos Bautista, Omar Sierra e Manoel Mellid.

Na categoría femenina, excelente 3ª posición para Ainoa Gontán do Tríatlon Inforhouse Santiago, sendo moi consistente nos tres segmentos.

21- Sabela Caneiro (Tríatlon Ferrol)
27- Rosana Fernández (Triatlon Inforhouse Santiago)

Por clubes, o 4º posto foi para o Tríatlon Inforhouse Santiago con Ainoa Gontán, Rosana Fernández, Noa Taibo.

Parabéns a tod@s!

Imaxe: FETRI

Quizáis che interese…