Presentación da Copa do Mundo de Paratríatlon e Campionato de España de Tríatlon distancia olímpica A Coruña 2023

30 de Xuño de 2023

O venres, 30 de xuño, presentouse no Concello de A Coruña o Campionato de España e a Copa do Mundo de Paratríatlon. Nela estiveron presente Gonzalo Castro, Concelleiro Delegado responsable da Área de Fomento e promoción da Cidade de A Coruña; Manuel Vázquez, Concelleiro de Promoción do Deporte; o presidente da Federación Galega de Tríatlon, Javier Campos; a triatleta galega Natalia Castro; o paratriatleta internacional Nil Riudavets e un gran número de integrantes da selección de Promesas Paralímpicas FETRI.

O centro da cidade de A Coruña acollerá tres eventos ao longo da fin de semana. As probas comezarán o sábado, 1 de xullo, co Pho3nix Kids Triathlon Series by Javier Gómez Noya, dirixido ás categorías de menores. Máis tarde, a partir das 15:30 darase o pistoletazo de saída á Copa do Mundo de Paratríatlon no que participarán máis de 1.100 deportistas de 18 países diferentes. Unha cita moi importante no calendario internacional xa que hai en xogo importantes puntos de cara a clasificación nos Xogos Paralímpicos.
Para rematar, ás 18:15 e ás 20:20 será a quenda do Campionato de España de Tríatlón distancia olímpica Élite feminino e masculino. Ambas pruebas emitiranse en directo en Teledeporte a través da plataforma digital RTVEPlay. Ademáis, instalarase unha pantalla xigante a través da que se poderá ver en directo as carreiras Élite feminino e masculino do Campionato de España.

O domingo, 2 de xullo, a partir das 8:30, comezará o Campionato de España de Tríatlon de Grupos de Idade. A xornada de competición finalizará co Campionato de España de Tríatlon Sprint no que participarán deportistas das categorías Xuvenil e Junior.
O circuito discorrerá principalmente polo porto, o castillo de San Antón, a Avenida do Porto, o paseo marítimo e a Praza de María Pita, onde os triatletas chegarán á meta.

A organización da proba conta co apoio da da Xunta de Galicia, e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. Ademáis do Consello Superior de Deportes a través dos “Convenios coas Federacións deportivas para a organización de competicións en materia de promoción da igualdade e inclusión no deporte federado”.

Quizáis che interese…