Sara Guerrero, 16ª nos Xogos Europeos

2 de Xullo de 2023

O martes, 27 de xuño, a galega Sara Guerrero participou nos Xogos Europeos que se celebraban en Cracovia. Xunto a ela, as triatletas convocadas pola Federación Española de Tríatlon foron a madrileña, Cecilia Santamaría, e a catalana, Anna Godoy.

Guerrero logrou unha gran 16ª posición, sendo a mellor entre as españolas e gañándose a praza para competir o sábado no relevo mixto co equipo español.

Na proba de relevos mixtos, o conxunto español formado por Sara Guerrero, Alberto González, Cecilia Santamaría e David Cantero consegiu un 5º posto moi satisfactorio.

Resultados da proba individual.

Resultados do relevo mixto. 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.