Fin de semana de éxitos para a Selección Galega no Campionato de España de Tríatlon por Autonomías

12 de Xullo de 2023

·       A selección absoluta masculina foi ouro e a feminina prata.
Na categoría cadete, a selección galega foi subcampioa.

 

·       No relevo mixto, categoría cadete, o equipo galego rematou segundo e na categoría infantil, primeiro.

 

·       Ademáis, Carmen Rábade conseguiu a medalla de prata na proba individual do Campionato de España de Tríatlon en Idade Escolar.

 

O 8 e 9 de xullo celebrouse en Valladolid o Campionato de España de Tríatlon por Autonomías e o Campionato de España de Tríatlon en Idade Escolar.

Os deportistas cadetes foron quen iniciaron a xornada de competición, disputando o Campionato de España de Tríatlon en Idade Escolar a través de dúas semifinais nas que se clasificaban 12 deportistas de cada semi e outros 6 por tempo.
O conxunto galego estaba composto por Aaron Crende, Óscar Alberte, Samuel Fernández e Joel Barcia, na categoría masculina, e por Carmen Rábade, Daniela Rama, Marta Pereira e Inés Duarte, na categoría feminina.

Ata a final chegaron seis triatletas galegos. Na proba masculina foron Aaron Crende (10º), Joel Barcia (20º) e Óscar Alberte (27º), e na categoría feminina Carmen Rábade (2ª), Inés Duarte (19ª) e Marta Pereira – Borrajo (24ª).

A seguinte competición do día foi o Campionato de España de Tríatlon por Autonomías da categoría absoluta, un tríatlon de distancia sprint no que o posto de cada deportista ten una puntuación. Canto mellor sexa o posto, maior puntuación.
A selección galega realizou una gran actuación. En homes, Esteban Basanta (1º), Andrés Prieto (4º), Andrés Cendán (11º), Jarno Pousada (23º), Cristian Fernández (26º) e Víctor Bouzón (39º).
En mulleres, Natalia Castro (3ª), Candela Sánchez (6ª), Elsa Pena (11ª), Uxía Campos (20ª), Ana Santiso (22ª) e Ainoa Gontán (34ª).
Tras a suma de puntos, a selección galega masculina foi ouro e a selección galega feminina foi prata.

O domingo, 9 de xullo, tiveron lugar os relevos mixtos.
O equipo galego cadete, formado por Joel Barcía, Inés Duarte, Aaron Crende e Carmen Rábade logrou a medalla de prata que, unida aos resultados do día anterior, posicionou á Selección Galega Cadete como subcampioa de España de Tríatlon en Idade Escolar.

Máis tarde competiron os infantís, onde o relevo mixto galego, composto por Jeyden Silva, Daniela Bruzos, Ariel Soto e Lucía Ageitos, logrou o primeiro posto.

O relevo mixto inclusivo, con Miguel Castro, Marta Muñiz e Nagore Otero foi 4º.

O relevo mixto absoluto foi a proba que pechou o fin de semana de competicións en Valladolid.
Os triatletas elixidos para facer este relevo foron Andrés Cendán, Candela Sánchez, Esteban Basanta e Natalia Castro. Xuntos conseguiron a 4ª posición, moi preto dos terceiros clasificados.

 

Os resultados completos do Campionato de España de Tríatlon por Autonomías pódense atopar aquí.

E os resultados do Campionato de España de Tríatlon en Idade Escolar, aquí.

Quizáis che interese…