Convocatoria Toma de Tempos de Péntatlon Moderno 2025- Lugo -15/11/2025

20 de Outubro de 2025

A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno  convoca toma de Tempos de  Péntatlon Moderno en Lugo o próximo 15 de novembro. A toma de tempos está encadrada dentro do Plan Nacional da Federación Española de Péntatlon Moderno cuxo obxectivo é detectar novos talentos.

Poderán participar na toma de tempos deportistas entre 13 e 21 anos cumpridos en 2025, que posúan licenza galega FEGATRI tanto de Péntatlon Moderno coma de Tríatlon .

A toma de tempos realizarase para dúas das disciplinas do péntatlon moderno.

Controles a realizar :

  • 100 m de natación
  • 200 m e 1000m de  carreira a pé.

Inscricións a través da seguinte ligazón ata o 10 de novembro ás 23:59 h: https://www.rockthesport.com/es/evento/toma-de-tempos-pentatlon-moderno

 

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.