CONVOCATORIA ORGANIZACIÓN PROBAS TEMPADA 2025

4 de Setembro de 2024

 

A TÓDOLOS CLUBS E ORGANIZADORES DA FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO

A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno abre o prazo para a  presentación de solicitudes de organización de probas tanto de tríatlon coma de péntatlon moderno, co fin de poder traballar no desenvolvemento do calendario a aprobar pola Asemblea Xeral para 2025 e novas probas para engadir no último trimestre de 2024 (Nada e Corre/Dúatlon Cros/…)

A DGT enviou a circular cos prazos de comunicación das probas afectadas polos permisos de tráfico. O primeiro prazo para dar prioridade a estas probas sobre outras modalidades ou eventos non oficiais calendadas, especialmente aquelas que poidan ter previsión de celebración antes de finais de marzo de 2025 remataría a medidados de outubro.

En relación ao anterior e coñecedores de que cun trimestre por diante pode ser bastante incerta, pregámosvos que comecedes a traballar cos Concellos e fagades a solicitude de datas de celebración daquelas probas que poidades ter previstas, aínda sabendo que nalgúns casos a súa celebración dependerá da confirmación do soporte económico e administrativo de entidades públicas e privadas.

Dada a incerteza e trastornos que están causando as suspensións, si vos pedimos o compromiso como organizadores de comunicar a cancelación das probas que se calendaricen coa antelación suficiente, ao menos dun mes, de cara a ter marxe de manobra para tratar de conseguir levar as probas principais (Cptos galegos/circuítos/…) a outra sede.

Recepción de solicitudes: ata o 30 de setembro de 2024.

A solicitude deberá enviarse a info@fegatri.org e virá acompañada dun pequeno proxecto que debe perfilar os aspectos básicos que se detallan a continuación, especialmente no caso de novas probas, para poder traballar sobre o mesmo coordinadamente.

Na medida en que se traballa a longo prazo sabemos que serán previsións que despois se deberán concretar cos delegados e delegadas técnicos das probas, e que seguramente sufran tamén variacións por diversas cuestións secundarias, pero é importante ter unha descrición previa destes puntos, para poder dar apoio á organización que así o precise.

DATOS BÁSICOS DO PROXECTO DE SOLICITUDE DE ORGANIZACIÓN DE PROBAS

  • Formulario de comunicación calendario cuberta cos datos da proba (xúntase a ligazón de descarga a continuación-   FICHA/FORMULARIO CALENDARIO (só para probas con influenza de permisos de tráfico da DGT)

*Datos para Probas con antecedente (solicitarase o proxecto de cambios para a posta en marcha).

  •  Nome da proba
  • Tipo -(Circuíto/Cpto Autonómico/Popular).
  • Dúas datas posibles e localización.
  • Organizador, datos e persoa de contacto.
  • Director de Carreira/Responsable (nome, teléfono, email).
  • Compromiso ou Convenio asinado de coorganización de Administración Pública de Referencia.
  • Ficha de tráfico cuberta (de afectar permisos da DGT).
  • Distancias
  • Observacións: indicar previsión cambios de localización ou circuítos respecto á edición anterior.

 

*Probas que se organicen por primeira vez xuntarán ao proxecto o engadido ademais os seguintes datos:

  • Organizador (É preciso tramitar licenza de club-organizador 2025 de tríatlon, ou coorganizala con algún organizador con licenza). Compromiso ou Convenio asinado de coorganización de Administración Pública de Referencia.
  • Dirección Executiva e Dirección de carreir
  •  Datos e persoa de contacto.
  • Data, hora e lugar.(se é posible dúas alternativas para tentar cadrar previamente dende competición un calendario onde non se prexudiquen)
  • Número de carreiras-saídas, se houbese máis dunha.
  • Distancias
  • Planos dos circuítos con tódalas áreas (Saída, transición, meta, áreas de penalización,…).
  • Sistema de Cronometraxe
  • Premios
  • Categorías
  • Servizos- (duchas e vestiarios, megafonía e locución, infraestruturas en xeral…)
  • Seguros- Propios (indicar de selo caso. Serán revisados polo DT) ou xestionados a través da Fegatri.
  • Servizos médicos e plan de seguridade e evacuación.
  • Vehículos. Control dos sectores de  carreira
  • Avituallamentos.
  • Voluntariado

*Información Permisos DGT para celebración de Probas deportivas

*Información Normativa Autonómica celebración Espectáculos Públicos

 CALENDARIO FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE TRIATLÓN

(Probas do calendario FETRI comunicadas a data de hoxe para ter en conta a súa confluenza)

  • -29 e 30 de marzo- Campeonato de España de Duatlón Absoluto e GGEE- Cáceres
  • –  12 e 13 de abril- Campeonato de España de Duatlón Cadete, xuvenil e Junior- Ciudad Real
  • – 1 de marzo- Campeonato de España de Duatlón Media Distancia-Graus(Aragón).
  • – 22 e 23 de febreiro con los Campeonatos de España de Duatlón SuperSprint por Clubs- La Nucía
  • – 8 e 9 de marzo-  Campeonatos de España de Duatlón Contrarreloxo Equipos e Relevos- Avilés
  • – 22 e 23 de marzo- Campeonatos de España de Duatlón por Clubs e Relevos Mixtos- Albacete.
  • – 20 ao 29 de Xuño- Campionato do Mundo Multideporte de Pontevedra
  • – 26 e 27 de Xullo- Campionatos de España de Acuatlón, Tríatlon e Dúatlon Cros- Calahorra
  • – 28 de setembro- Campionato de España de Triatlón Media Distancia 2025 se disputará en Ibiza 

Ver Cicular de convocatoria

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.