MÁIS DE CEN NENOS E NENAS PARTICIPARON NO VI TRÍATLON INFANTIL DE SADA

25 de Xuño de 2014

Unha edición máis, e xa van seis, o Concello de Sada acolleu o VI Triatlón Infantil, organizado polo TRISADA. Xa dende moi temperán se podía respirar o nerviosismo dos máis pequenos, desexosos que empezase canto antes a competición.

-3428059998424313737O pistoletazo de saída iniciaríase, co control de materiais situado no paseo de Sada, ás 11:00 coa carreira dos infantís e cadetes que terían que nadar 200 metros. De aí á zona de boxes, onde farían a transición que lles levaría ao sector de bici o cal constaba de tres voltas ao longo do paseo, para volver aos boxes deixar a bici e dar o último esforzo coa carreira a pé, que constaba de tres voltas a un circuíto programado pola organización.

Os seguintes en competir foron os alevíns que nadarían 100 mts, deron dúas voltas ao circuíto de bici e dúas de carreira a pé. Os máis pequenos (benxamíns e pre benxamíns) nadaron 50 metros, 1volta de bici e outra de carreira a pé.

Coa carreira dos pre benxamíns deuse por finalizada a competición que deu paso á entrega de diplomas, contando coa presenza para iso do Presidente da Federación Galega de Triatlón Paco Villanueva; a nosa recente Campioa galega de longa distancia Natalia Míguez e a subcampiona Marisa Rúa; Eva Castro, campioa de España de MTB e membros da directiva do Club Atletismo Sada.

O Club Atletismo Sada quere darvos as grazas a todos pola vosa participación e esperamos que tanto pais coma nenos puidesen gozar dunha agradable xornada deportiva.

Quizáis che interese…