Reunida a Comisión Avaliadora e revisadas as alegacións recibidas procédese á publicación da Circular da Dirección Deportiva de 4 de decembro coa Resolución Definiva das axudas a deportistas de Galicia para a participación en probas internacionais en 2024.
Ver Circular de 4/12/2024 Resolución Axudas.
XUSTIFICACIÓN
Será imprescindible xuntar facturas polo importe a xustificar e xustificante bancario do pagamento xuntando memoria que vincule o gasto coa preparación ou participación en probas internacionais e acreditación do cumprimento das bases para o cobro da axuda.
O prazo de xustificación das axudas é de 15 días naturais, e rematará o 19 de decembro de 2024.
A continuación podes consular a Circular Dirección Deportiva de 20/11/2024 coa resolución provisional das Axudas a deportistas de Galicia para participación en probas internacionais 2024
Contra a presente resolución cabe reclamación ata o próximo 30 de novembro
BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS GALEGOS/AS PARA PARTICIPACIÓN EN PROBAS INTERNACIONAIS DE TRIATLON 2024
A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno co fin de axudar aos/ás deportistas de Galicia e apoiar a súa formación e proxección internacional acadando puntos do ranking WT, convoca as seguintes axudas para axuda da participación en probas internacionais de triatlón.
No seguinte arquivo consulta a convocatoria
Bases da convocatoria de axudas
Formulario de solicitude das axudas
** Anexo ás bases por participación en VIGO- Circular Dirección Deportiva 15/05/2024
Presentación ata o 15 de novembro de 2024