SUSANA RODRÍGUEZ, EN BUSCA DO PODIO DO CAMPIONATO DO MUNDO DE ACUATLÓN

27 de Agosto de 2014

A viguesa Susana Rodríguez, xunto á súa guía Mayalen Noriega, disputará hoxe mércores 27 de agosto (20:00, hora galega) en Edmonton o Campionato do Mundo de Acuatlón para deportistas con discapacidade na categoría PT5.

A galega terá unha dura semana, xa que hoxe mércores compite en acuatlón e o sábado disputará o Campionato do Mundo de Paratriatlón, que é a proba que máis lle gusta. O pasado ano, no Mundial disputado en Londres, Susana volveu a casa con dúas medallas de prata no peto.

 

 

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.