CRISTÓBAL RODRÍGUEZ COMPETIRÁ MAÑÁ NO MUNDIAL DE PÉNTATLON MODERNO

3 de Setembro de 2014

O galego Cristóbal Rodríguez Fidalgo participará mañá nas semifinais do Campionato do Mundo de Péntatlon Moderno, que se está a disputar en Varsovia (Polonia) estes días. O obxectivo do noso deportista é clasificarse para a gran final, que terá lugar o sábado 6 de setembro, pero non será unha tarefa sinxela, xa que participan os mellores pentatletas do mundo.

España está representada en Varsovia por Cristóbal Rodríguez (actual campión de España sénior), Aleix Heredia e Marta García-Miguel, na categoría feminina. O equipo estivo preparando este mundial unha concentración en Font Romeu (Francia) e posteriormente no CAR de Sant Cugat. O galego acode a esta cita con moito optimismo a pesar da periostitis que o acompañou durante toda a tempada e que está combatendo con tratamento de fisioterapia.

*Na imaxe, Marta, Cristóbal e Aleix, camiño de Varsovia.

Quizáis che interese…