O Campionato de Europa U17 de Pentatlón Moderno pechou en Pontevedra con seis intensas xornadas de competición

14 de Xullo de 2026

Pontevedra acolleu do 6 ao 11 de xullo o Campionato de Europa U17 de Pentatlón Moderno, unha cita continental que reuniu no Pavillón Universitario do Centro Galego de Tecnificación Deportiva ás mellores promesas europeas desta disciplina.

Ao longo de seis días de competición disputáronse os relevos femininos e masculinos, as probas clasificatorias individuais, as World Series de Paratetratlón, as finais feminina e masculina e, como peche do campionato, a proba de relevos mixtos.

A competición arrancou o 6 de xullo cos relevos femininos e masculinos. Na categoría feminina, Hungría proclamouse campioa de Europa, por diante de Alemaña e AIN. Pola súa banda, no relevo masculino, a vitoria foi para AIN, seguida de Italia e Alemaña.

O programa continuou cos clasificatorios individuais femininos e as probas das World Series de Paratetratlón. Nesta competición destacaron Joshua Cox, gañador da categoría PMP7 masculina; Alejandra Colás, vencedora na categoría PMP7 feminina; e Irbin Augusto Vicco, que se impuxo na categoría PMP5 masculina.

As finais individuais ofreceron un gran nivel competitivo e unha notable igualdade entre os participantes. Na final feminina, a loita polo ouro resolveuse por tan só un punto. A vitoria foi para Iana Konovalova (AIN), con 1.456 puntos, seguida moi de preto pola turca Tulya Kesebir, con 1.455 puntos. O terceiro posto foi para a húngara Virág Pleban, que acadou 1.432 puntos.

Na final masculina, disputada o 10 de xullo, o alemán Luis Thieke proclamouse campión de Europa cun total de 1.559 puntos. A segunda posición foi para Egor Kushnarenko (AIN), con 1.545 puntos, mentres que o checo Teodor Raska completou o podio con 1.528 puntos.

Na clasificación por equipos, tanto na categoría feminina como na masculina, o triunfo correspondeu a AIN. Hungría ocupou a segunda posición e Alemaña completou o podio en ambas competicións.

O campionato concluíu coa disputa dos relevos mixtos, nos que AIN volveu subir ao máis alto do podio. Turquía acadou a medalla de prata e Alemaña a de bronce.

Con esta última proba púxose o punto e final a unha intensa semana de competición internacional en Pontevedra, que volveu demostrar a súa capacidade organizativa para acoller grandes eventos deportivos e consolidarse como unha das referencias europeas no ámbito do pentatlón moderno.

A organización do campionato contou coa colaboración da Xunta de Galicia, Deporte Galego, o Concello de Pontevedra e o Club Pontevedra Multisport, entidades ás que se lles agradece o seu apoio para facer posible a celebración desta importante cita deportiva internacional.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.