Volve o XXXVI Triatlón do Miño a Lugo

13 de Agosto de 2025

XXXV TRIATLÓN DO MIÑO- PROBA DO CIRCUITO DE TRÍATLON DE ESTRADA CLASIFICATORIA PARA O CAMPIONATO GALEGO DE TRIATLÓN DE FERROL E PARA O CAMPIONATO ASTUR-GALAICO

Realizada a presentación da XXXVi edición do Tríatlon do Miño que se celebrará  o domingo 17 de agosto na contorna da Área Recreativa de Los Robles,  onde se xuntaron o Concelleiro de Deportes da cidade de Lugo, Jorge Bustos, Fernando Timiraos (Servizo Deportes Concello de Lugo), Mónica Flores (Secretaria Xeral da Federación Galega de Tríatlon), Martín Cando representando ao Club organizador Cidade de Lugo Fluvial e Patricio Farias Dirección de Carreira  .

A proba, organizada polo Cidade de Lugo Fluvial e a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno coa colaboración do Concello de Lugo,  é de gran interese para o triatlón galego por outorgar ás últimas 45 prazas para o Campionato Galego de Triatlón que se celebrará o próximo 24 de agosto en Ferrol. Este ano ademáis de para o circuíto galgo tamén  puntuará para o Campionato Astur-Galaico 2025 cuxa última proba se organiza en Cadavedo no mes de outubro.

A mesma contará con máis dun cento de participantes entre os que se atopan recoñecidos triatletas galegos  e nacionais do maior nivel internacional  coma Jarno Pousada  e Elsa Pena  quenes defenderán o título da anterior edición  e un gran elenco de internacionais;  o olímpico Antonio Serrat, o triatleta de Pol, Esteban Basanta e varios deportistas da selección mexicana que un ano máis se atopan adestrando en Lugo entre eles a olímpica Lizeth Rueda. Con todos eles o espectáculo na zona de “Los Robles” estará servido ao longo da mañá.

Todas as categorías participantes realizarán o mesmo percorrido, sobre distancia sprint, percorrendo  un total de 750m de natación,  no río Miño,   19,5 km. de ciclismo ( 4 voltas) na Estrada de Ombreiro, voltarán deixar a bicicleta na transición e rematarán realizando un percorrido de 5 Km (2 voltas) de  carreira a pé no paseo Fluvial do Miño.

As probas darán comezo ás 11:00 coa saída masculina e ás 12:30 será o turno para a feminina.

HORARIOS

  • 11:00h.- Saída masculina
  • 12:30h.- Saída feminina
  • 14:00h. –Entrega de Premios

 Distancia: Sprint: Natación 750m – Ciclismo: 19,5km – Carreira a pé: 5km

Máis información: https://fegatri.org/evento/xxxvi-triatlon-do-mino-circuito-triatlon/

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.