Bos resultados para os triatletas galegos no Campionato de España de Tríatlon Sprint en Águilas

16 de Setembro de 2025

O municipio murciano de Águilas acolleu a fin de semana do 13 e 14 de setembro unha intensa programación de probas con motivo do Campionato de España de Tríatlon Sprint nas categorías élite, cadete, xuvenil e júnior, así como o Campionato de España de Tríatlon Paralímpico e Inclusivo e o desenlace da Liga Talento coa disputa do relevo mixto.

A participación galega volveu brillar con resultados destacados tanto a nivel individual como por clubs.

Élite: presenza galega no top-10

Na categoría feminina, a mellor representante galega foi María Casals, quen rematou nunha meritoria 4ª posición absoluta e proclamouse subcampioa de España sub-23, rozando o podio absoluto. Tamén destacou Natalia Castro, que acadou a 6ª posición absoluta e foi 4ª sub-23.

Na carreira masculina, o mozo Damián Suárez cruzou a meta en 6ª posición absoluta e 5º sub-23, consolidándose entre os mellores do panorama nacional.

Por equipos Élite

  • Feminino: 1º Cidade de Lugo Fluvial, 3º AD Náutico de Narón

  • Feminino Sub-23: 1º Cidade de Lugo Fluvial

Masculino Sub-23: 3º Cidade de Lugo Fluvial

Liga Talento e relevo mixto: triplete galego

A xornada do sábado pola mañá deixou un gran resultado no relevo mixto talento, con triplete galego no podio:
Club Deportivo Delikia
Cidade de Lugo Fluvial
AD Náutico de Narón

Na clasificación final da Liga Talento Feminina, o triunfo foi para o AD Náutico de Narón, seguidas polo Cidade de Lugo Fluvial e o Club Deportivo Delikia. Na Liga Talento Masculina, a vitoria correspondeu ao Cidade de Lugo Fluvial, co Club Deportivo Delikia en segunda posición. Ademais, o Club Tríatlon Inforhouse logrou o ascenso a Primeira División.

Categorías menores

Os galegos tamén brillaron nas probas de base:

  • Júnior Masculino: 1º Damián Suárez, 2º Lucas García

  • Júnior Feminino: 2ª Marta Novo, 3ª Lucía Piñón

  • Equipos Júnior Masculinos: 1º Cidade de Lugo Fluvial, 2º Club Deportivo Delikia

  • Equipos Júnior Femininos: 2º Club Deportivo Delikia, 3º Cidade de Lugo Fluvial

En categoría Xuvenil, o título nacional foi para Luis Piña, proclamándose campión de España. Ademais:

  • Equipos Xuvenís Masculinos: 1º Cidade de Lugo Fluvial

  • Equipos Xuvenís Femininos: 2º Cidade de Lugo Fluvial

Na categoría Cadete:

  • Jayden Silva

  • Cristina Martínez

Tríatlon paralímpico e inclusivo

Os representantes galegos tamén lograron medallas no Campionato de España de Tríatlon Paralímpico e Inclusivo:

  • PTWC: 2º Emilio Agüera

  • PTVI: 3ª Susana Rodríguez

  • PTVI Talento: 1ª Carla Santoro

  • PTS4: DNF Claudia Tubío

  • Relevo inclusivo: 2º Carla Santoro e Gil

Grupos de idade

Os grupos de idade tamén tiveron protagonismo na xornada do sábado ao mediodía, coa disputa do Campionato de España de Tríatlon Sprint. A participación galega foi ampla e con bos resultados en distintas categorías.

Os resultados completos poden consultarse na seguinte ligazón:
Resultados oficiais do Campionato de España de Tríatlon Sprint – Águilas 2025

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.