Jarno Pousada gaña a Copa de África e Alejandro Rodríguez Rilo impónse en Santander

23 de Setembro de 2025

Jarno Pousada proclámase campión da Copa de África en Marrocos e Alejandro Rodríguez Rilo vence no Tríatlon Cidade de Santander

O tríatlon galego viviu unha fin de semana inesquecible con dous grandes triunfos internacionais e nacionais. Mentres en Taghazout (Marrocos) se disputaba a Copa de África de Tríatlon, en España a baía cántabra acollía unha nova edición do Tríatlon Cidade de Santander 2025, ambas con presenza destacada de deportistas da FEGATRI.

Jarno Pousada, primeiro título internacional en Marrocos

O lucense Jarno Pousada (Cidade de Lugo Fluvial) logrou en Taghazout a súa primeira vitoria internacional, impoñéndose con autoridade na distancia sprint. Tras unha natación marcada polo dominio do tamén galego Damián Suárez, que saíu da auga con apenas 10 segundos de vantaxe sobre o grupo de Pousada, o triatleta cimentou o seu triunfo no segmento de carreira a pé, onde asinou un espectacular 15:22.

Deste xeito, Pousada alzouse co triunfo na Copa Africana de Taghazout, por diante dos alemáns Jonas Osterholt e Benedikt Bettin. Suárez completou unha destacada actuación, rematando en sétima posición.

Na proba feminina, o podio ocupárono Mariana Vergem, Chiara Lobba e Alessia Orla. A única representante española en meta foi Lara Solsona, que cruzou a liña en 19ª posición. Lucía Piñón e Candela Sánchez non puideron finalizar a competición.

Alejandro Rodríguez Rilo brilla en Santander

En terras cántabras, a emoción concentrouse na Media Distancia do Tríatlon Cidade de Santander, proba raíña do evento e puntuable para o Ranking FETRIMD e LD.

O protagonista foi Alejandro Rodríguez Rilo (CD Delikia), que detivo o reloxo en 03:47:07, acadando a vitoria. O podio completárono Pello Osoro Gutiérrez (Peñota Dental Alusigma), segundo con 03:48:25, e Jaime Izquierdo Alcázar (Tríatlon Soriano), terceiro con 03:49:05.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.