Sara Guerrero e Jarno Pousada brillan na Copa de Europa de Tenerife

13 de Outubro de 2025

O pasado domingo 12 de outubro celebrouse en Tenerife a Copa de Europa de Tríatlon, unha cita que reuniu á elite continental deste deporte.

A competición de elite feminina foi a primeira das dúas probas internacionais que se disputaron a partir das doce do mediodía, e trouxo consigo a primeira medalla para España, da man de Sara Guerrero, deportista do Club Náutico de Narón, quen logrou a prata nun emocionante sprint final, rozando o ouro ata o último metro.

Na categoría masculina, o madrileño Pelayo González tamén se colgou a medalla de prata, loitando polo ouro ata os últimos metros, acompañado no podio polo galego Jarno Pousada, tríatleta do Cidade de Lugo Fluvial, que conseguiu o bronce.

Dende o segmento de natación, as tríatletas españolas dominaron as primeiras posicións, con Sara Guerrero, Maite Jiménez Orta, Natalia Castro e Iratxe Arenal, entre outras, liderando a saída da auga rumbo á primeira transición.

O segmento ciclista desenvolveuse cun grupo de cabeza no que, finalmente, rodaron as deportistas que disputarían as medallas e os postos de honra.

Todo se decidiu na última volta a pé, concretamente nos últimos metros dos 5.000 metros de carreira, cun emocionante sprint final. A vitoria foi para a austríaca Carina Reicht, que se impuxo á española Sara Guerrero, mentres que a francesa Mathilde Gautier completou o podio.

A galega Natalia Castro, do Club Deportivo Delikia, rematou en novena posición, entrando no Top Ten, e Ana María Santiso, do Cidade de Lugo Fluvial, concluíu no posto 56.

“Estoy súper contenta. Tenía claro que donde debía apretar era al final de la cuesta. Fui toda la carrera con sangre fría, pensando en ese momento. Lo intenté hasta el final, pero sabía que Carina era muy fuerte en el 5000, tiene el récord de Austria. Hice todo lo que pude… Bueno, segunda al final, súper contenta y disfruté un montón”, declarou Sara Guerrero tras a proba.

Na proba de elite masculina, chegaron dúas novas medallas para a expedición española: a prata de Pelayo González e o bronce de Jarno Pousada, deportista lucense do Cidade de Lugo Fluvial. Andrés Prieto, pola súa banda, rematou no posto 62 tras sufrir problemas mecánicos e un pinchazo na roda.

“Aprendí en Ceuta que, al no haber tenido unas buenas semanas últimamente y con algunos problemas, no tenía la forma para salir a tope. Pero esta vez salí más tranquilo de la transición, fui adelantando gente poco a poco y pude llegar al tercer puesto, con el que estoy muy contento”, explicou Jarno Pousada tras a carreira.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.