Quedada Lideresas Amazonas- Lugo- 16/11/2025

5 de Novembro de 2025

A Fegatri a través da técnica da área de Muller e Deporte participa no programa Lideresas Amazonas e organiza  unha quedada en Lugo.

Se es muller, tes máis de 18 anos e che gusta  practicar deporte tes unha cita   o próximo vernes 16 de novembro  ás 18:15h  nos arredores Piscina de As Pedreiras en Lugo, na que compartirás experiencia con outras mulleres realizando un quecemento, técnica de carreira a pé  e  rodaxe adaptado a todos os ritmos.

Xornada apta para todos os niveis sen necesidade de estar federada.

Máis información e inscricións ata ata o xoves 13 de novembro ás 12:00 h. para poder xestionar o trámite de seguro de un día a aquelas asistentes sen licenza.na seguinte ligazón: www.lideresasamazonas.org

#fetrilideresas

#amazonaslideresas

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.