Comunicase o traslado da proba clasificatoria de Nada e Corre de Muros á seguinte fin de semana. Sábado 22 de novembro
Valorando a previsión meteorolóxica por fortes ventos e moita choiva para a próxima fin de semana en Galicia con maior afectación á Costa da Morte; o Concello de Muros consultando á FEGATRI e tendo en conta que boa parte da proba de nenos se celebra ao aire libre, para non causar trastornos de última hora, acordou trasladar ao sábado 22 de novembro no mesmo horario o NADA E CORRE clasificatorio de Muros
Modifícase así mesmo o prazo de inscrición e baixas quedando este aberto ata o próximo martes, 18 de novembro.



