Gustavo Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial) rematou na sexta posición do Campionato do Mundo de Tríatlon de Longa Distancia, que se celebrou hoxe en Weihai (China). Era a primeira vez que o tudense disputaba esta proba e o seu debut foi moi positivo, sen dúbida algunha.
Os percorridos desta durísima proba son de 4 quilómetros de natación, 120 quilómetros de bicicleta e 20 quilómetros de carreira a pe. Como estaba previsto, a natación foi o segmento máis duro para o galego. Gustavo xa contaba con perder tempo, pero foi máis do que esperaba. A pesar de que mentres estaba competindo se encontraba cómodo, ao saír da auga comprobou que estaba na última posición e con moito por remontar (case dez minutos).
Pero non se deu por vencido e foi subindo posicións pouco a pouco. Na bicicleta, a súa especialidade, foi o cuarto mellor, so por detrás dos tres franceses (Billard, Sudrie e Cyril), que foron os únicos que baixaron de tres horas neste sector. Aí quedou decidido o podio, mentres que Gustavo seguía coa súa remontada. Na carreira a pe, tamén rendeu a un nivel altísimo, sendo o terceiro mellor no último segmento. Así, logrou o sexto posto na clasificación final, cun tempo total de 05:21:53. O podio foi totalmente francés, co Bertrand Billard (que defendía o título) na primeira posición (05:09:09), mentres que Sylvain Sudrie foi prata e Viennot Cyril.
Homes Elite
Bertrand Billard | FRA | 05:09:09 | |
Sylvain Sudrie | FRA | 05:11:50 | |
Viennot Cyril | FRA | 05:15:34 | |
Graham O’Grady | NZL | 05:17:53 | |
Craig Alexander | AUS | 05:20:45 | |
Gustavo Rodríguez Iglesias | ESP | 05:21:53 | |
Rasmus Petraeus | DEN | 05:22:09 | |
Samuel Betten | AUS | 05:23:26 | |
Antony Costes | FRA | 05:24:24 | |
Nikolay Yaroshenko | RUS | 05:25:41 |