Fin de semana de formación na FEGATRI para preparar a tempada no estamento de oficiais. Este colectivo de gran importancia será o que apoiará o desenvolvemento do tríatlon na comunidade garantindo o xogo limpo e a seguridade das competicións ao longo da tempada.
A posta a punto comezou coa parte online do curso de oficiais N1 de Triatlón, desenvolvida de xeito virtual por titores FETRI e rematou este primeiro de febreiro coa celebración das xornadas de actualización de oficiais 2026 en Santiago de Compostela onde celebramos unha xornada formativa mixta virtual-presencial que rematou cun xantar de apertura de tempada para compartir tamén momentos de lecer e fortalecer así a sinerxia do equipo.
——————–
XORNADAS DE RECICLAXE E ACTUALIZACIÓN DE OFICIAIS – 1 DE FEBREIRO
Data: domingo, 1 de febreiro de 202
Hora: 9:30 a 14:00
Lugar: Mixta (Presencial e online)- Hotel Santiago Apóstol.
Lugar: Mixta (Presencial e online)- Hotel Santiago Apóstol.
PROGRAMA
– Avaliación tempada 2025
– Avaliación tempada 2025
* Valoración da tempada. Revisión e actualización de Procedementos.
– Revisión de regulamentos. Cambios e actualización.
– Revisión de regulamentos. Cambios e actualización.
– Planificación da tempada 2026.
* Probas Autonómicas
* Probas Nacionais
* Probas internacionais

———————–
CURSO OFICIAL N1 DE TRIATLÓN- VIRTUAL 10,11 E 17 DE XANEIRO
7 oficiais completaron esta fin de semana , en Santiago de Compostela, a fase teórica presentcial da súa formación que comezou co desenvolvemento dunha fase virtual en tres xornadas de 3 horas o 10,11 e 17de xaneir impartida por titores da Federación Española de Tríatlon de cara a incorporarse á fase práctica que desenvolverán en tres competicións ao longo da tempada. A FEGATRI contou de novo coa colaboración do Tríatlon Inforhouse Santiago a quen agradece a posta a disposición do local do seu club e material imprescindible para levar adiante este tipo de accións formativas.


CURSO DE ESPECIALIZACIÓN DT AUTONÓMICO
Por outra bando o domingo, 18 de xaneiro, 3 oficiais acudiron á formación de Especialización de Delegados Técnicos autonómicos que cada ano celebra de xeito virtual celebra a FETRI para oficiais Nivel 2
XORNADA PRESENCIAL CURSO OFICIAL NIVEL1 DE TRIATLÓN- SANTIAGO DE COMPOSTELA
Data: Sábado 31 de xaneiro de 2026
Horario: 15:30 a 19:30 h.
Localizacion : Estadio Vero Boquete- San Lázaro- Local Inforhouse Santiago-



