A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno busca unha técnica para desenvolver o programa Lideresas-Amazonas 2026 da Federación Española de triatlón en Galicia
A súa función será o desenvolvemento do programa Amazonas-Lideresas 2026* en Galicia, impulsando o triatlón feminino co obxectivo de incrementar a participación de nenas e mulleres, fortalecer a base federativa e profesionalizar referentes femininos dentro do ecosistema autonómico e nacional.
POSTO DE TRABALLO
Técnica coordinadora do programa Lideresas-Amazonas 2026*
DURACIÓN E MODALIDADE DO CONTRATO
– Anual. Modalidade a convir (Preferiblemente Profesional Autónoma pero estudarase posible contratación por conta allea)
REQUISITOS: Adestradora con licenza de Técnica de Triatlón en vigor
SALARIO: 10.000 euros brutos
PROGRAMA AMAZONAS- LIDERESAS 2026*
- Obxectivo: Impulsar o desenvolvemento do tríatlon feminino coa creación de referentes capaces de inspirar, captar e acompañar a novas deportistas dende a iniciación ata os grupos de idade, contribuíndo a:
- Promover a creación de novas escolas.
- Favorecer o crecemento e consolidación de escolas existentes na Comunidade Autónoma.
- Impulsar a formación e captación de oficiais
- Promover a incorporación ao Programa de Escolas de Excelencia, así como accións de auditoría e seguemento de candidaturas.
- Desenvolvemento de accións de difusión e presenza institucional en Concellos, centros educativos e instalacións deportivas.
- Apoiar a captación de talento dende clubs e escolas do territorio.
- Finalidade:
- Incrementar a participación feminina no ámbito do triatlón.
- Xerar referentes reais e accesibles na Comunidade Autónoma.
- Profesionalizar a figura da delegada FETRI.
- Unificar criterios, metodoloxía e estándares de actuación en todo o territorio nacional.
SOLICITUDES
Aquelas persoas interesadas na praza ofertada poderán dirixir a súa proposta, á seguinte dirección de correo electrónico info@fegatri.org xuntando o seu Curriculum Vitae, acreditacións correspondentes e carta de motivación, ata o próximo sábado,7 de febreiro de 2026.



