Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria da Federacíón Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno 16/04/2026- Convocatoria Eleccións

Fegatri logo redes

31 de Marzo de 2026

O presidente da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, Javier Campos Peña, de acordo co que determinan os artigos 48º e 54º dos Estatutos vixentes da entidade, convoca aos membros da Asemblea Xeral a unha xuntanza extraordinaria,  na data e hora indicadas a continuación

  • Data: xoves, 16 de abril de 2026
  • Hora: 20:30 h 1º convocatoria e 21:00 h. en segunda convocatoria
  • Lugar:  Hotel Santiago Apóstol  (Costa de San Marcos, 1, 15820 Santiago )

Orde do día,

  1. – Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea anterior.
  2. – Aprobación, se procede, do Regulamento e Calendario electoral da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno
  3. – Elección das persoas membros da Xunta Electoral.
  4. -Acordo, se procede, da delegación na Presidencia da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno da facultade de realizar e aprobar as modificacións ao Regulamento e Calendario Electoral que fosen requiridas pola Secretaría Xeral para o Deporte, sen sometelas a nova aprobación pola Asemblea Xeral.
  5. – Rogos e preguntas

 

*Os rogos e preguntas poderán ser enviados ao correo da federación ata o próximo luns 13 de abril ás 14:00 h.

*Só se permitirá o acceso a persoas membros da Asemblea Xeral. A representación dos clubs recae no/a Presidente/a ou persoa en quen delegue segundo os seus estatutos. A Delegación deberá estar na Federación a máis tardar o mércores 15 de abril de 2026.

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.