SERTRI VIGO INVITACIÓNS

4 de Outubro de 2014

ANÍMATE A FESTA DOS TRIATLONS DA CADENA SER!!!

INVITACIÓNS SERTRI VIGO

Onte á tarde chegouse a un acordó coa organización da proba SERTRI que se celebra en Vigo o próximo 12 de Outubro (http://www.sertri.com/portfolio/vigo/)
Dito acordó consiste na concesión a tódolos clubs galegos de 25 invitacións para as categorías menores*.
Cada club pode inscribir ata 25 rapaces/zas de categorías menores sen custo.
Dita inscrición farase enviando á Federación o Excel xa enviado ós Clubs (Indicar a carreira).
A maiores, todos os clubs de fora da provincia de Pontevedra que envíen máis de 5 nenos/as proporcionaráselles una axuda de viaxe de 100 euros.
A inscrición está aberta ata o vindeiro xoves, 9 de Outubro, ás 14:00 horas.

*Os rapaces e rapazas poden participar a partir de 3 anos, polo que os Clubs poden inscribir deportistas destas idades aínda que non teñan licenza federativa.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.